Argumento
Os Nobre son a familia de superheroes máis famosa do mundo, pero o que os seus seareiros nin sequera sospeitan é que, tras o engado e as marabillas, agochan escuros segredos, mesquiños desexos e unha cobiza desapiadada.
Este volume recolle catro episodios desta serie aclamada pola crítica, nos cales continúan os escándalos que rodean os Nobre namentres se ven inmersos en incribles e emocionantes aventuras.